Imdecum
Procesando...
Imdecum
Un Camiño Norte moi familiar en imaxes
Data: 2016-06-09   Lugar: Burela
Un Camiño Norte moi familiar en imaxes
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña presentou onte Camiño Norte. Feitizo da Natureza, a Película no auditorio de Burela. O presidente de Imdecum, Marcelino Luna, deu a coñecer o documental como espello do proxecto piloto no que traballou a entidade no outono de 2015 como estudo da proxección da ruta xacobea da Mariña e o turismo en familia; na estrea da peza audiovisual tamén participou Alfredo Llano, presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, colaboradora na iniciativa.


Ao longo de 20 minutos, o traballo do realizador audiovisual focego Manuel Gil dá a coñecer as marabillas paisaxísticas do Camiño Norte a través da experiencia de catro familias procedentes de Madrid, Asturias e Santiago de Compostela, que percorreron o itinerario descubrindo a riqueza paisaxística e patrimonial ao longo dunha fin de semana na que tamén gozaron da boa gastronomía da zona.

Entre o público asistente á estrea do documental destacaron representantes da asociación ‘Abrindo Camiño’ de Amigos do Camiño Norte de Santiago, colaboradora no proxecto, así como membros de colectivos de sendeirismo da bisbarra.
Mancomunidade da Mariña Lucense
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal